Lluvia

Lluvia. Jorge Cabezas

  Dimensións: 130 x 162 cm

Comentario:

    Sen dúbida, o gran protagonista de Lluvia é a cor baseada en vermellos, alaranxados, negros e brancos, de gran intensidade. A composición carece de profundidade e nela reproduce a silueta dun home sobre o que se descarga a chuvia dunha nube negra. Baixo os seus pes, traza a liña do chan. Á súa esquerda, debuxa unha cabeza e unha serie de liñas verticais de gran grosor. Á dereita, unha figura humana realizada de forma xeométrica cae de cabeza nunha copa. Os elementos e situacións cotiáns son capturados por Cabezas que os recrea dende a súa particular visión do día a día. A súa pintura "se resuelve entre una abstracción gestual y una figuración sintética, casi esbozada, que forma parte del dominio de lo esencial" 1, onde cada obxecto representado é alleo ao que ten ao lado, situando os distintos signos pictóricos en varios planos independentes entre si.


1. "Revelar lo invisible", en La Voz de Galicia, A Coruña, 5 de xuño de 2004.