Norte 3

Norte 3

  Dimensións: 125x83x38

Comentario:

    Casás contrapón a idea clásica da representación da natureza na arte, como algo pasivo e estático, coa súa propia formulación: "Concibe la tierra como obra de arte, en un proceso abierto, dinámico, errante, que actúa como una estructura continua uniendo las diferentes manifestaciones de su trabajo" 1.
 
    A composición Norte 3 está formada por bloques de madeira carbonizada situados nunha estrutura reticular en forma de cadrado. A composición de pezas organizadas no espazo esconde a idea de seriación lembra os traballos minimalistas, pero abandona o carácter aséptico deste estilo para expresar preocupacións máis profundas. Entre os bloques, engade un de bronce, material co que traballa a partir do ano 1985. Combina, polo tanto, elementos perecedoiros e na súa materia detéctase o rexistro da vida, con elementos non variables como o bronce. A madeira é o material principal nas súas obras, nas que ofrece unha lectura pesimista do deterioro medioambiental e a devastación do planeta. Estas cuestións preocúpano enormemente dende que descubre a Selva Virgen de Brasil, a naturaleza en estado puro, sen a intervención da mano do home e o seu deterioro inducido por estes.


1. JIMÉNEZ, J.: "La tierra como obra de arte", en Fernando Casás : Selvagen, Galería SCQ, Santiago de Compostela.