Paisaje con Figuras

Paisaje con Figuras

  Dimensións: 70x80

Comentario:

    O mundo de José Frau, é un mundo lírico e intimista, onde os seres borrosos e debilmente insinuados fúndense coa vexetación, que o abarca todo. Paisaje con figuras é unha obra con marcadas influencias post-impresionistas, caracterizada por  unha pincelada rápida e cargada de materia que xera unha mancha solta e enérxica que flutúa sobre o lienzo en dirección diagonal. Este tipo de tratamento é constante na maioría das obras de Frau. Cromaticamente destaca o verde do campo, que se combina magistralmente co vermello e o amarelo das vestimentas das figuras que resaltan o primeiro termo, individualizado ao fondo mediante as sombras que xera unha caixa espacial semellante á dos decorados teatrais . Polo xeral, non lle preocupa especialmente a perspectiva, pero nesta ocasión remárcaa ao situar un potente foco de luz central que vela o color disolvendo a claridade das formas. O conxunto e a situación das figuras no lenzo, lembran unha epifanía, reflexo do misticismo e relixiosidade do artista.