Paisaje gris

Paisaje gris

  Dimensións: 46x56

  Técnica: Óleo s/ lenzo

Comentario:

    Colmeiro pinta unha paisaxe difusa, onde sobresaen os tons grises e azulados, moi utilizados por el arredor da década dos 60, data na que se enclava esta obra. A súa preocupación formal, xa sexa pola liña ou pola mancha, trascende ata converterse nunha filosofía. Nos seus últimos anos afina os seus tons cada vez máis, moldeando con maior rigor o seu cromatismo. A potenciación da luminosidade, é un elemento característico da obra, que evoca o cubismo da súa primeira etapa, inspirado na obra de Cézanne.