Profil à la fenêtre

Profil à la fenêtre

© Sucesión Pablo Picasso. VEGAP, Madrid, 2015.

  Registro: 725

  Dimensións: 61 x 50 cm

  Técnica: óleo sobre lenzo

  Categoría: cubismo

Comentario:

Esta obra foi realizada en 1934, unha etapa moi importante e prolífica na vida de Picasso. Por estes anos coñece a Marie-Thêrese Walter coa que tería unha filla. Este amor e a súa volta á escultura provócanlle un período de gran creatividade. Abandona as deformacións xeométricas esaxeradas e surrealistas dos anos 20, para encher as súas obras de motivos arabescos e de amplas e harmoniosas curvas. O resultado son composicións cheas de enerxía e dinamismo, onde predomina a gama de cores primarias. Os peitos da figura están realizados como remuíños de rosa e amarelo, mentres o cabelo loiro se estende e se mestura cunha banda de rosa e branco. O seu rostro, aínda presenta semellanzas co período anterior, distorsionándose mediante o cambio dos elementos de lugar. O ollo, a fronte ou a boca, son representados dende unha perspectiva diferente. A figura sitúase diante dunha ventá, delimitada na súa forma oval por unha liña vermella, que nos deixa ver o ceo azul, o cal contrasta co fondo rosa da estancia. A reixa da ventá, ata o momento inédita na súa obra, preséntanos a súa musa coma un paxaro engaiolado, quizais como un presaxio da fin da súa relación con Marie-Thêrese, que en 1936 foi substituída no corazón do artista pola fotógrafa Dora Maar.