R/C

R/C

  Dimensións: 44x35

Comentario:

    A obra de César Otero está baseada na figuración, dentro da cal destaca a figura humana. Neste exemplo o artista realiza un retrato feminino silueteado de perfil, cun trazo de liñas brandas e sinuosas en vermello, e sobre o que superpoñen detalles destacados do rostro feminino como son os beizos e os ollos. Estas partes sensoriais, dispóñense desordenadas pola obra, debuxándose sobre rectángulos de cor amarelo plano. Nesta serigrafía, Otero parece propoñerlle un xogo ao espectador, que debe reconstruír a imaxe a partir das pezas desordenadas que conforman o crebacabezas. O emprego de cores planas, puras e moi contrastadas, remiten ao movemento pop, que no entanto é asimilado polo artista para crear a súa propia linguaxe.