S/T (Serie personajes)

S/T (Serie personajes)

  Dimensións: 272 x 122 cm

Comentario:

A artista  brasileira presenta nesta serie de fotografías dixitais fragmentos de corpos de muller coa escala alterada. A obra de Soares, está emparentada tematicamente coa arte do barroco, de onde extrapola temas e ideas ao noso tempo, e traduce á arte contemporánea. Un destes temas é o da vaidade e o paso do tempo –tiempo fugit-, materializado no carácter perecedeiro do vivo. Este concepto, e os xogos de engano baseados nas percepcións do espectador –tamén propios do barroco- aparecen nas súas instalacións. Unha imaxe semellante á pertencente á Colección de Arte Caixa Galicia, formou parte da instalación Vanity, realizada en 1998 para o Portland Institute of Contemporary Art. O canon alongado das figuras, parece aludir metaforicamente á fugacidade, e a unha presenza-ausencia, que é un símbolo da temporalidade inherente ao ser humano.