S/T

S/T

  Dimensións: 195 x 195 cm

Comentario:

    David Morago, basea as súas obras en estudos de imaxes realistas tomadas de eidos próximos ao deseño, a publicidade, e mesmo, do seu propio album familiar. Os temas aos que recorre con máis asiduidade, son o mundo dos cans e o reflexo de distintos obxectos cotiás. Exemplo disto é esta obra, onde, con total fidelidade, pinta unha libraría cargada de libros de distintas temáticas, situados co lombo á vista. Nun destes lombos, como unha chiscadela ao espectador, vemos o nome de David Morago, nunha orixinal maneira de firmar a súa produción. As liñas delimitan o volume da composición, e as cores son moi variadas, segundo a realidade do libro. Nas súas obras "encontramos una precisión del dibujo, absolutamente clásica, líneas delimitadas, dominio de los volúmenes y de la composición"1.



1.  L.M.R.: "Figuraciones David Morago-Rafa de Corral", en El Punto de las Artes (abril 2004).