Sedales de Malpica

Sedales de Malpica

  Dimensións: 195x195

Comentario:

    Para Mariví Nebreda a pintura é un modo de exteriorizar o que sente1. Non está interesada en representar, nin en reproducir aquilo que ve, senón en introducir ao espectador no seu mundo interior e trasladalo ao eido dos metafísico. Para iso válese da abstracción, reflectida en obras de ténues harmonías cromáticas, pero sen perder nunca certa conexión coa realidade, que actúa como referente. Ela defínese como "realista pero cunha realidade persoal, xa que busco máis a sensación que queda na miña mente que a representatividade dos obxectos" 2. En Sedales de Malpica,  o título dános a referencia á realidade, permitíndonos a identificación da maraña abrancazada que a artista pon ante nós. A luz, é sen dúbida unha das protagonistas da composición, traducindo o ritmo coreográfico da disposición das sedelas, onde nada é aleatorio.


1 M. B.: "Naturalezas muertas y paisajes vivos", en La Opinión (02/03/2001).

2 MALLO, A.: "O realismo persoal de Nebreda", en O Correo Galego (04/03/2001).