Verano en el balneario

Verano en el balneario

  Dimensións: 100x65

Comentario:

    Os espazos que Rogelio Puente representa na súa obra, son lugares nos que o artista estivo e que espertan nel algún tipo de sentimento. Nesta obra recrea o interior dun balneario, onde probablemente, e segundo nos indica o título, estivese de vacacións. Como pintor realista que é, detense con gusto en cada un dos detalles, chegando a plasmar a realidade de forma case fotográfica. Selecciona lugares onde adoitan estar presentes elementos que axuden a xerar o efecto de luces e de reflexos cos que o artista crea as súas atmosferas persoais. Os espellos, as superficies pulidas dos azulexos, e as ventás da porta, sérvenlle ao artista para mostrarnos unha realidade máis aló da que se aprecia a primeira vista. Con isto, consegue darlle máis densidade ao espazo representado, transmitindo outra realidade, que é a que máis lle preocupa ao artista. O tempo parece deterse, permanecendo inalterable. O resultado son obras cargadas de sensacións, de sentimentos de nostalxia e melancolía, onde o realismo rompe ante a intemporalidade da escena.